Go To Top

Ultramemia (Galego) Lyrics

Non é bo para ti que preguntes demais,
que te apartes do carreiro do perfecto cidadan.
Matrimonio soso, traballo precario
na tua mente a quimera de te facér encargado.
Tampouco che convén perderte en moitas leiras
cos feitos que, o pensalos, se converten en problemas.

Deixa que o mundo siga o curso seu
e continua o teu camiño en silencio e o teu.
Non cometa-lo erro de altera-las directrices
en que se apoia a xente con quen vives.
"É preferible a inxustiza a desorde"
dicia o meu avo o se abrocha-lo uniforme.

A tua conducta inquieta os veciños,
sinalante pola rua os que foron teus amigos.
Isto xa era asi antes de que ti naceses,
non lle deas mais voltas, cala e obedece:

Porque estás en Ultramemia,
vivirás en Ultramemia,
naceches en Ultramemia,
e morrerás de noxo
bordando co teu tedio a sua bandeira.

Non é aconsellable desconfiar do mandatario,
sagrado temonel do teu destino e o teu fado.
El pensa por ti para que non penses en nada:
cun cerebro sobra para toda a niñada.

Enturbas con dubidas a imaxe do Mister
e por riba pretendes que ninguén te vixie.
Isto xa era asi antes de que ti naceses,
non lle deas mais voltas, cala e obedece:

Porque estás en Ultramemia,
vivirás en Ultramemia,
naceches en Ultramemia,
e morrerás de noxo
bordando co teu tedio a sua bandeira.

Segue cos selos ali na estafeta,
mellor ser anodino ca profeta.
Quita esas parvadas dos miolos.
Tampouco é tan incomodo vivir de xeonllos.

Ultramemia (Galego) Lyrics performed by Def Con Dos are property and copyright of the authors, artists and labels. You should note that Ultramemia (Galego) Lyrics performed by Def Con Dos is only provided for educational purposes only and if you like the song you should buy the CD


What is the meaning of Ultramemia (Galego) lyrics?